Avançar para o conteúdo principal

Primeiro día

Primeira enfermidade, primeira menstruación.

Alomenos, o ano en sí comezou ben.
E, mal que ben, as dúas primeiras cousas son pasaxeiras e livianas.

Quizais un bo pensamento nos atraia un pensamento mellor para o ano que xa vai andando. Aí volo deixo.


A Poesía espértanos,
o rito afiánzanos,
a Música realízanos.

Confucio

Comentários

tete disse…
Notei en cada unha das túas verbas a ilusión que impregna os primeiros días do ano. Deséxoche esa ilusión para cada un dos días desde 2008. E, aínda que nestas festas andei tan atarefada que nin puiden saír d'Ourense, tal vez me achegue ata Santiaguas (permíteme a confianza) a próxima semana. Sería un honor e un pracer darche unha aperta, talentosa!!!
Bicos de rentrée, rula!
Seguindo a Confucio; que che parece un ritual poético musicalizado?

(joer, que forza lírica teño eu ás veces!
Unknown disse…
Espero verte axiña, Teté linda.

En canto a tí, Chousa, non cres que nos falta confianza para esas proposicións indecentes? :D
De todas formas (indecente ou non) sona estupendo!!( ole a forza lírica!!) Cando comezamos? :)

Unha aperta salerosa :)
Canta menos confianza...máis gusto da ser indecente na proposta!!!
Unknown disse…
Tí deixate de confianzas ou non e dime cando se lle da comezo a ese megaultrasuperproxecto que propós... Ano novo, proxecto novo, non é?

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.