Avançar para o conteúdo principal

Virus e outras incidencias técnicas

Pois si, xa chegou o outono ó meu organismo, quen o diría. Este tempo tolo.

Son un despoxo de ser humano con voz de home sen querela, con mocos e outros fluídos menos aconsellables causados presuntamente por unha lexión de virus asasinos ós que ninguén convidou á festa hilarante na que se veu convertendo a miña vida dende hai xa bastantes meses.

Non pasa nada: a pílula da felicidade fai todo pasaxeiro.

Teño a desculpa perfecta para quedar na caloriña da cama debaixo do nórdico e ler e escribir sen que me molesten.

Xa son completamente eremita, pero sen a erudición e cas pernas depiladas.
Viva a soidade!!

Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!