Avançar para o conteúdo principal
Boas festas de Nadal
a todos os que estades
e aos que xa non están
aos que crestes en min sempre
e aos que non quixestes crer
hai un raseiro que nos fai a tod@s iguais
nestas datas
porque resulta que eu confío aínda en Rousseau

Comentários

Gústame a flor e a osadía coa que semella que lles bota a lingua aos que non "quixeron crer en ti" (por máis que digas que o raseiro é igualiño...).

Feliz Nadal e un bico

(Ah, e que sigas a ter "gran fuerza lírica")
Unknown disse…
Ole os do Correo.

Amo o periodismo (creo que xa o dixen antes...).

Feliz Nadal tamén a tí.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!