Avançar para o conteúdo principal

Herbicidas e outros asasinatos

Poñámonos en situación:
Sábado á tardiña, despois dun día Pin&Pon granjeros, chea de merdiña ata as orellas despois de segar herba, apañar mazás e castañas, cortar leña, facer lume, xogar cos cans e cos furóns, sacar a pasear ós patos, apañar follas secas, correr na cinta media hora...

Eu que sei... Evidentemente, tócame unha ducha.
Saio da ducha, co pixama posto e o pelo revolto e mollado.

Entón, a nai, que é nai por algo, dí: Cepilla ben ese pelo. Tanto como cho coidaba cando eras pequena...,tantos coidados, champús, herbicidas....

HERBICIDAS!!!!

De súpeto, todo tén sentido. Agora xa entendo eso de que se un non se asea a cotío, nácenlle cebolas.

Que sorte de nai a miña, que xa prevía iso.
E os piollos.
Para que vexades...

Comentários

tete disse…
Encantoume. Espertoume un sorriso que aínda non marchou de mín.
Xa te imaxinara en comunión das boas coa natureza. Xa te sabía amante de floras e faunas diversas. E xa sabía que túa nai tiña unhas dotes previsoras alucinantes.
Iso sí, sego sen saber a qué se refería exactamente con iso de herbicidas :)
Moitos bicos, rula!!!
Unknown disse…
O dos herbicidas foi un pequeno lapsus linguae da miña nai: quería dicir "eses champús naturais tan caros elaborados con herbas mediciñais", pero vamos, que con herbicidas chegou para enterarnos todos XD

Coidate moito (por fin a chuvia!!!!)

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.