Avançar para o conteúdo principal

A - gosto

Parece que hoxe vai.
Que hoxe comezan as vagancias.

Xa teño o mes repleto, colapsado de contas pendentes.
Non penso darme tregua.

Agosto é unha loita sen cuartel.

Comentários

Alberto Ramos disse…
Vaya, veo que te has cargado las "feiras".
tete disse…
as contas pendentes, unha vez liquidadas, dan pena. da pena que deixen de ser pendentes, que haxa que inventar excusas para volver restacalas. miña axenda vibra no verán, e as contas pendentes, ó facelas, volvo anotalas para o verán seguinte. a ilusión éche o que ten!
disfruta moito, nena. e descansa :)
oirei o teu violín dende aquí??
bicos lerchos.
Unknown disse…
Quen sabe... O violino é unha conta pendente ( o método para cativ@s que me pediu a escola...), os exames de Antropoloxía, a viaxe a fin de mes, rematar algún poemario, os libros que gostaría ter lidos xa...

E vivir ó meu aire.

Esas son as contas pendentes de Agosto. Non me da pena non ter nada por facer.

Porque significa que xa o fixen. Que o proceso rematou. Elimina-lo apego.

Poida que sexa mellor así.
Unknown disse…
Cargueime as "feiras", si. :P Hoxe é o meu terceiro día de vacacións e estou máis aburrida que un saco de patacas.

Muerte al aburrimiento, maldita sea!!

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.