Avançar para o conteúdo principal

Do porqué da viaxe (I)

Que pena, Kavafis, de vólta á Itaca.

Os medios de transporte actuais matan devagar a parsimonia intrínseca de VIAXAR. Xa apenas se tén tempo de disfrutar do traxecto porque en nada aparece un no seu destino ca etiqueta impertinente de identificación nalgunha anga da maleta. Agora, o fin xa non tén porqué xustificar os medios, porque os medios se converteron en minúsculos fragmentos insignificantes, fillos da velocidade e da loxística.

Por iso gosto tanto aínda do tren.
Das manchas de cores que pasan na fiestra do vagón como nas retinas dun impresionista francés, mentres se toma un café axitado-pero-non-remexido e se van pasando as estacións.
De afinar o pulso para escribir cando o vagón baquetea, para que as notas sexan mínimamente lexibles.
De sentir o desprazamento do corpo.
De contemporizar cos compañeiros de fila, que sorrín e se refrescan a pel das máns con crema hidratante e nos ofrecen compartir o seu ritual cosmético simplemente co xesto.

Será que son tan vella na miña mocidade que só me queda vivir desta nostalxia do significado romántico de "viaxe" .
Será que, no fondo, son unha sentimental.




Comentários

tete disse…
escribiu garcía márquez na fermosísima "diatriba de amor contra un hombre sentado" que non lle gustaba viaxar en avión porque, ó chegar, tiña a impresión de non estar completo, de que algo da súa alma aínda estaba a cruzar o océano, tentando acada-la velocidade do transporte. así me sinto a veces tamén, cando viaxo soa. e foron 4 anos de traxecto madrid-chamartin a ourense que me queimaron de tren. prefiro lembrarme do que me levaba a santiaguas :)
bicos, miña mariola

pd: desculpa a apropiación. e penso que a derradeira finde de xullo estarei en santiago. por se estás e che apetece o café prometido. poderemos levar sandalias ou voltaremos ás katiuskas?
Unknown disse…
Amén á reflexión de García Márquez.

Supoño que voltaremos ás katiuskas. :) Prefíroas ó calor asfixiante, que me pón de moi mal humor ( e teño moi mal revés, créme).

Abofé que estarei por Compostela, onde senon? ;)

Véxote na Quintana, linda (eu tomareime un té). :)
Oscar de Lis disse…
Talvez o problema das viagens fugazes que hoje praticamos nos meios de transporte seja nom tanto o facto de irmos perdendo a alma, como descreve GGM, mas que os nossos pés nom adquirem as marcas que o chao nos tinha reservado, nem tropeçam com as pedras que nom esquivaríamos. Depois, todo e bulir. Bulir sem saber aonde.

Um abraço
Unknown disse…
Que foi, que non escribes nada no teu blogue, Schindler? Agora só te limitas a ser "comentarista"?

Que difícil é andar un camiño confuso cando non temos pegadas que nos advirtan, diante ou detrás das nosas propias.

Malia todo, hai que seguir andando, para que os que veñan detrás poidan disfrutar, despreocupándose, das vistas da camiñata e poidan conservar o idílico da palabra "viaxe".
Oscar de Lis disse…
mmm... problemas de trabalho. problemas de horário. mas regressarei aginha à escrita. renovado. que nom publique nom significa que nom escreva. mas estou a pensar numha renovaçom completa. como os vermes que fam caminhos internos para se ré-generar em borboletas, mesmo que sendo nocturnas. no entanto, comentar está bem. demonstra movimento.
Unknown disse…
Xa explicarás, (se queres, vaia) iso da renovación completa. Eu poño o café e as preguntas.

Segue movéndote no meu blogue, se gostas.

Apertas.