Avançar para o conteúdo principal

Pensando en non pensar

Como de difícil pode resultar para un occidental eso de non pensar? Creo que xa nin se nos pasa pola idea.

Que, no fondo, estamos tan cómodos sempre agoniados de cousas dando vóltas estúpida e infructuosamente nas nosas cabezas ocas que plantexarnos desfacernos de toda esa masa estéril nos aterroriza.

Menos mal que aínda nos quedan (para os valentes) as aulas de ioga e meditación.

Comentários

tete disse…
pois noraboa. exiliada nesta costa asturiana non hai preto ningunha aula de meditación nin ioga. tento na casa, rodeada do sonido dos grilos, pero sempre que tengo pór a mente en branco, imaxino un papel que podería encher con verbas e máis verbas.
occidental total.
encantaría unha viaxe de anos por lugares secretos e máxicos. india. china. xapón. india de novo.
bicos, fermosa!

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.