Levarei o peso dos teus pasos nos meus, nai. Sobre min, sobre o meu nome e nos cabelos e na sombra que se alonga no solpor (como ó principio) Ata que ese día un día calquera quizais esta noite ou quizais pasando os anos quen o sabe a palabra que te nomea estoure e se rompa e se eslúa na choiva e toda esta dor miña, coma tí moito antes, míngüe e míngüe na distancia e me abandone.
Es gibt kein Haben, nur ein Sein, nur ein nach letztem Atem, nach Ersticken verlangendes Sein. [F. Kafka] Non existe o Ter, senon o Ser, un só Ser esixente ata o último alento, ata o afogo [F.Kafka]