Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de dezembro, 2014

Carne

Encarnar me en ti.

Aniversario

Trinta e dous. Quen podía imaxinar que chegaría ata aquí... Eu non, dende logo. E resulta todo un reto, e un alivio á vez. Qué me depara o camiño que se vai trazando ante min, é un misterio que non teño xa presa en resolver.  Se es ti quen me acompaña.

"Nestes Días" xa camiña (case) sen axuda...

O libro novo de poemas leva xa un mes e medio na rúa. As presentacións e todo iso van indo, modestas. Para Xaneiro xa hai marcadas datas para máis actos. Imos amodiño, caracol de paciencia. Novembro e Decembro están sendo uns meses terriblemente doces. As miñas meniñas recuperan o seu brillo. Saborear así estas frangulliñas de felicidade é todo o que quero facer.