Hoxe, comezo da primavera, MANIFESTO que: *Non loitarei as batallas que non son miñas *Non me arrepentirei das decisións tomadas *Non abxurarei dos consellos e opinións emitidas *Non son o can de presa de ninguén, nin o malo do filme *Non deixarei de dicir o que penso, vexo o sinto por moi doloroso que para outros resulte *Non quebrarei a lealdade ós meus ideais *Non evitarei dar os cambios necesarios por moito que poidan doer, nin procrastinarei para evitar tomar decisións taxantes se os preciso para a miña estabilidade vital *Non soñarei esperta, porque é unha perda dun tempo irremplazable na miña existencia *Non me involucrarei máis do necesario nin menos do social e éticamente cortés, se o tema en cuestión non me importa unha merda nin me aporta nada para medrar interiormente *Non son imprescindible nin invisible
Es gibt kein Haben, nur ein Sein, nur ein nach letztem Atem, nach Ersticken verlangendes Sein. [F. Kafka] Non existe o Ter, senon o Ser, un só Ser esixente ata o último alento, ata o afogo [F.Kafka]