Non podo máis. A miña situación laboral é terrible, como a de moitos coñecidos meus. As posibilidades de acadar unha praza de funcionariado se nublan, pero resiste e persiste a miña intención de conseguilo. Espero que as datas saian axiña. Sigo co temario a vóltas. Gústame. As capacidades literarias e creativas están minguadas, pero latentes: teño ideas a medio desenvolver que loitan por saír fóra do cránio e verquerse no papel, primeiro, e despois na pantalla do netbook. Obradoiros para nenos e para avós. Para o meu avó, que finou nun día de sol e cheo de flores novas, tranquilo na súa cama. Váiseme a cabeza. Teño soños terribles e esperto sempre sobre as 5.30 da madrugada, sobresaltada e con taquicardia. Amamanto unha meniña sorrinte cos meus peitos rebosantes de leite morno e doce, maná. Iso, nas noites boas, que son as menos. Vai cambiar a dirección do vento. Seino. Cara a onde..., xa non sabería dicirvos.