Cando o repenique das uñas sobre a mesa se fai tan audible que case se pode ir recollendo como uvas maduras, e a impaciencia é un rictus na faciana máis que un estado pasaxeiro do ánimo. Malia todo, esta felicidade. Sen máis. Non son só palabras. Estrañábate e apareciches nadando a crawl entre as letras da miña cullerada de sopa. O teu nome, como unha beizón nos meus labios e no novo día.
Es gibt kein Haben, nur ein Sein, nur ein nach letztem Atem, nach Ersticken verlangendes Sein. [F. Kafka] Non existe o Ter, senon o Ser, un só Ser esixente ata o último alento, ata o afogo [F.Kafka]