Os días pasan. Teño un plan case perfecto para estructurar de novo os meus cimentos. Pero todo parece querer levarme a contraria e ir amodiño amodiño. Voume conformar por uns días coas noitiñas de verán que se van prefigurando na solaina. No doce recordo das que me construiron hai cousa dun ano, case. Cando comprendín. Hai que comezar polo comezo: recoller os armarios e os mobles. Arrincar a pel vella das paredes e ofrecerlle a redención dunha perspectiva vital nova. Unha dinámica potente, consciente, resistente. Din que á terceira vai a vencida. E eu xa estou que fervo.
Es gibt kein Haben, nur ein Sein, nur ein nach letztem Atem, nach Ersticken verlangendes Sein. [F. Kafka] Non existe o Ter, senon o Ser, un só Ser esixente ata o último alento, ata o afogo [F.Kafka]