Que naceu baixo malos agoiros, e que a lúa se virou dunha cor verde musgo terrible como a bile. Que nunca sería feliz e que sementaría a desgraza, dixeron os máis vellos tan axiña como abriu os ollos á luz, lembráballo a súa nai mentres choraba ao trenzarlle o cabelo. Que os deuses non ían permitir que se cumprira ningún dos seus proxectos, dos desexos pedidos axeonllada ás portas do templo, na rúa chea de cores ulindo a especias e a gasolina mal queimada, a lixo e a auga enlamugada nas fochancas. E o día ulía a cada volta da rúa a pelo de can mollado .
Es gibt kein Haben, nur ein Sein, nur ein nach letztem Atem, nach Ersticken verlangendes Sein. [F. Kafka] Non existe o Ter, senon o Ser, un só Ser esixente ata o último alento, ata o afogo [F.Kafka]